A primeira excursión

Onte fomos á Universidade Laboral, en Culleredo, para asistir a unha charla de María Solar sobre o seu libro Os nenos da varíola.

No bus falabamos moito, e había xente que facía o parvo. Sempre pasa. Eu non falei tanto; estaba moi nerviosa porque me interesa moito o tema da expedición (aínda que non sei como me interesa, se odio a Bioloxía). Ademais, iamos coñecer a escritora. Cando entramos no edificio esperamos un pouco e pasamos ao salón de actos. Entón os meus nervios aceleráronse e comecei a tremer; estaba xa a un nivel extremo de nerviosismo.

A charla constou de dúas partes: na primeira explicaban cousas sobre a varíola e na segunda falaron da Real Expedición. Na primeira aburrinme como nas clases de mate, pero na segunda si que me divertín. Encántame ese tema! Primeiro falaron de que a varíola matou moita xente, que era provocada por un virus, que ao mellor non estaba extinguida de todo, etc. Logo, cando falaron da Real Expedición, contaron cousas que eu, xa sabía, pero tamén outras que non, como que Balmis tiña un diario ou que o nome de Isabel Zendal non se coñecía correctamente ata hai uns anos. Ao final fixemos unhas preguntas.

Ao rematar, algúns nenos e nenas achegámonos para que María Solar nos firmase o libro. Unha amiga non se puido resistir a contarlle o da obra de teatro. Nese momento descubrín que María Solar estaba moi emocionada con ese tema.

En resumo, que me encantou a excursión. Dende logo que volvería!

Sara Ramos López 1ºF

Na entrada
Na entrada
Os nenos da varíola
Os nenos da varíola
Na charla
Na charla

 

A enquisa de Cultura Científica!!!

Distribuímola polas clases, e atopamos boa colaboración dos nosos compañeir@s e profesores/as. Era individual e anónima. Tiñan que dicir si eran verdadeiras ou falsas as 20 afirmacións que recollía. E agora que xa temos “material”, chega o momento de correxilas…  Aínda non sabemos se vamos a poñer nota…, prégase tranquilidade!!!.  Cando rematemos -e vai levar tempo-, xa vos diremos cal é o noso nivel de cultura científica.

Repartindo a enquisa

Explicando nas clases o obxectivo da enquisa e pedindo a colaboración
Repartindo a enquisa

Día Mundial de Loita contra a SIDA

As alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Anatomía mostran os seus traballos e divulgación dos mesmos, baseados na Busca de Información, Elaboración de Cartéis e Maquetas para a Exposición, a Formación que recibiron e a súa Divulgación a alumnas e alumnos de Secundaria.

Busca de información
Busca de información
Elaboración de cartéis e maquetas
Elaboración de cartéis e maquetas
Preparando a exposición
Preparando a exposición
A Divulgación
A Divulgación
A Exposición
A Exposición
O VIH
O VIH

Celebrar o Día Mundial do SIDA desta maneira foi moi interesante e divertido para todos. Tivemos a oportunidade de colaborar cos nosos compañeiros, aprender algo novo, poñernos no lugar dos profesores e fixemos que os compañeiros se interesaran por un tema que, ata agora, no estivera tan presente entre nós. Moitas grazas por darnos esta oportunidade e esperamos poder seguir a colaborar en proxectos como este.

1º de Bach.

Vídeo da Cruz Vermella

Noticieiro 100tífico

POSTA A PUNTO DO NOTICIEIRO 100TÍFICO

Un dos obxectivos da materia de Cultura Científica de 4º ESO e 1º bacharelato, é que os alum@s aprendan a DIVULGAR CIENCIA (noticias de acontecementos científicos, experiencias, etc).

Previamente abordan a busca de información na Rede, en xornais, revistas…, que expoñen no taboleiro do Noticieiro Científico situado no vestíbulo do IES.

No presente curso académico, renovamos o deseño do título (Noticieiro100tífico), poñendo en práctica os alumn@s a súa creatividade. Ademais marcamos con cores as noticias da mesma temática, engadindo a lenda coas cores no expositor.

Coa experiencia de cursos anteriores, plantexouse como novidade pegar carteis en puntos estratéxicos do Centro para anunciar o Noticieiro. O deseño dos carteis fixérono Sergio Palleiro e Alberto Montes, e o “slogan” foi creado por Sergio Palleiro.

A voltas co título...
A voltas co título…
Alumnado de CuCi de 1º de bacherelato presentando o noticieiro
Alumnado de CuCi de 1º de bacherelato presentando o noticieiro
Colocando os cartaces anunciando o noticieiro
Colocando os cartaces anunciando o noticieiro

Comezamos co blog!

Logotipo club de ciencias

Comezamos co blog do club de ciencias do instituto. Nesta primeira entrada presentamos o debuxo da cabeceira en detalle. Esta feito grazas á colaboración de Lara Gómez, Alba Antón e Jazmin Torres.

Texto: Esther Domínguez

Revisión lingüística: Noa Perez