octubre 2022

Facendo maxia coa química!

O martes 11 de outubro fixemos varios experimentos relacionados coa maxia e a química co alumnado de 2º da ESO:

PISTAS QUE DESAPARECEN

Fixemos visible un escrito invisible. Fixemos dous experimentos, nun empregamos o zume de limón (que previamente exprimimos) e a súa reacción cunha disolución iodada e noutro empregamos unha disolución de vitamina C e a súa reacción cunha disolución iodada. As reaccións de oxidación-redución que se produciron permitíronnos descubrir a mensaxe escrita.

MOEDA QUE DESAPARECE

Baseándonos nunha propiedade que ten a luz, a reflexión, fixemos desaparecer unha moeda que previamente colocamos debaixo dun vaso con auga. Cando a auga entra no vaso, dobra a luz reflectida desde a moeda, facendo que esta apareza nunha localización diferente, un lugar que non é visible polo estudante.

Roteiro pola costa do Dexo

Onte o alumnado de 2° da ESO que foi premiado na Open Science de Cambre polo proxecto ‘Construción e Instalación dun Hotel 🏨 de Insectos 🪳🪲 (CiHi)’, desfrutou do seu merecido premio.

Dito agasallo consistiu nunca saída a un roteiro interpretativo pola costa do Dexo.

Acompañáronos nesta actividade os seus profesores e coordinadores do proxecto, Lorena e Iván.

Máis fotografías