mayo 2020

Actividades do Departamento de Bioloxía

NOVEMBRO, 2019
E un ano máis o 1 de Decembro é o Dia Mundial de Loita contra A SIDA.
As/os alumnas/os de 1º de Bacharelato, que cursan Anatomía Aplicada, buscan información sobre esta doenza, elaboran carteis e divulgan aos seus compañeiros as causas, efectos, terapias actuáis e novidades.

Foto1
Traballando moi duro!
Foto2
O noso cartel, co lema de 2019, Bo traballo!!

DECEMBRO 2019, XANEIRO 2020
Durante dous meses alumnas/os de 1º ESO estudaron a vida do caracol de horta. Fixándose principalmente:

  • Na relación entre a alimentación e a cor dos excrementos
  • Na velocidade de desprazamento

Foto3

 

 

 

XANEIRO 2020
Alumnas/os de 3º ESO prepáranse para ser monitores de Laboratorio, disfrutando coa Ciencia:

  • Fan preparación microscópica de célula vexetal, animal e microorganismos.
  • Constrúen un modelo de pulmón para explicar os movementos ventilatorios.
  • Detección de carbohidratos en alimentos

 

 

 

 

 

 

FEBREIRO 2020
Almorzos saudables
Alumnas/os de 1º de Bacharelato estudaron, informaron aos seus compañeiros da importancia que ten para a nosa saúde almorzar ben todos os días,  elaboraron e prepararon un almorzo saudable a base de:

  • Crema Budwing ecolóxica
  • Biscoitos de iogur, con productos totalmente ecolóxicos
  • Sandwich vexetal
  • Infusións variadas

HORTO ESCOLAR
Alumnas/os  de 1º da ESO  empezan os traballos  de xardinería  facendo parterres
en varios lugares do patio do instituto.

 

 

 

 

 

EN DIRECTO COA ANTÁRTIDA
O  alumnado de Cultura Científica de 1º Bacharelato participou  nunha actividade moi especial organizada pola Domus:
“Xavier Fonseca en directo desde a Antártida”

Foto de lavozdegalicia.es

Xavier Fonseca é un xornalista e divulgador científico que durante os meses de xaneiro e febreiro estivo nunha expedición na Antártida,  na base científica española Juan Carlos I , na illa de Livingston e na base militar da illa Decepción. Foi , precisamente, desde esta base militar desde onde se realizou a conexión.
A verdade, é que foi moi emocionante poder falar con el en directo  desde o continente xeado. O alumnado tiña  moitas preguntas, relacionadas coa adaptación ao clima, a forma de vida na base(como chegaban os víveres, que pasaba se alguén se poñía enfermo,  que facían no tempo libre..), sobre o traballo científico a desenvolver… as que Xavier foi  respondendo. E, sen darnos conta, e aínda con moitas curiosidades máis, había que rematar a conexión…
Non importa , todo o que contou foi moi interesante e quen sabe,  ao mellor noutro momento poderán seguir  a facerlle máis preguntas, aínda que sexa por aquí…

Actividades do Departamento de Física e Química

Estas son as actividades que levou a cabo o departamento de Física e Química durante o curso 2019-2020:

OUTUBRO 2019
Proxección dun vídeo sobre Dimitri Mendeleiev e a conmemoración do 150 aniversario da táboa periódica. Introdución á táboa periódica e as súas principais características.
Introdución ao laboratorio: normas de seguridade, pictogramas, realización de medidas de masa e volumen.

NOVEMBRO 2019
Adxudicación dos elementos químicos aos alumnos/as e explicación da plantilla da táboa periódica que van a elaborar cos mesmos.
Elementos traballados foron: H, Li, Na, K, Rb, Cs, Fr, Be, Mg, Ca, Sr, Ba, Ra.
Reacción química entre o bicarbonato e o vinagre (material, reactivos, procedemento, conclusión…)

Física e Química5
Reacción química entre o KI e o Pb(NO3)2 (preparación das disolucións)

DECEMBRO 2019

Física e Química3
Continuación da reacción química entre o KI e o Pb(NO3)2 e posterior filtración a baleiro do PbI2

XANEIRO, FEBREIRO 2020
Elaboración da plantilla da táboa periódica dos elementos químicos: F, Cl, Br, I, Ne, Cu, Au, Fe, Ag e W
Realizamos diferentes reacciones químicas para que comprenderan conceptos básicos das mesmas e as identificaran.

Física e Química6

Foron a deshidratación da sacarosa e a precipitación de ioduro de chumbo (a choiva de oro).

Física e Química4

Realizamos cristalizacións de diferentes sales como sulfato de cobre II, explicamos o funcionamento do microscopio e usámolo para observar as sales.

MARZO 2020
Funcionamento do microscopio
Traballamos o concepto de solubilidade e o efecto da temperatura disolvendo por quentamento e recristalizando o ioduro de chumbo.
Vimos o tratamento de residuos tóxicos no laboratorio.
Funcionamento do microscopio

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA CIENCIA NA RÚA
Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química7
Marzo de 2020, alumnas/os e profes

 

NOTICIEIRO “OSCILANTE”!!!

Realizado a primeira semana de marzo

Chegamos a ter aportacións interesantes e moi creativas, pero ás veces atopabámonos coas dificultades ben de construir o deseño ou de ter que repoñer as noticias… dada a ubicación do noticieiro…

Ao final, “subiu ao marcador” un deseño que non estorba en ningún aspecto!!!.

Lonxe de expositores metálicos, de pantallas…, voltamos ao sinxelo, a aquelo que podemos facer manualmente, que nos achega á natureza: papel, corda…

Suxeito con corda á varanda do primeiro andar…;  quedou con aspecto rústico, algo diferente ao que tiñamos!!.

Ningúen da tropezóns co novo noticieiro!!, balancéase amodiño, con lixeireza. Pódense ver e ler as noticias con facilidade, porque estivemos coidadosos de colocalo á altura dos ollos.

Colocando as noticias
Subindo o panel, coa axuda dos que estaban no primeiro andar
A distancia tiña que ser a axeitada…
Vista dende o vestíbulo

 

ELABORACIÓN DUN PROTECTOR LABIAL

Experiencia realizada en febrero de 2020

Alumnnos de 4º ESO y Cultura Científica de 1º bacharelato, animáronse a participar no obradoiro de elaboración dun protector labial a base de manteiga de cacao, cera virxe de abella y aceite de améndoas.

Fundamento : protector labial es un producto con finalización cosmética y terapéutica. Nós ímolo preparar de maneira sinxela a partires de sustancias naturais. A manteiga de cacao vai protexer do frío, suaviza e hidrata e ten antioxidantes naturais. A cera protexe a pel e rexenéraa, tamén da consistencia ao producto. O aceite de améndoas é hidratante, aporta vitaminas do complexo B, vitamina E y ácidos graxos esenciais.

Ingredientes

Procedemento :

  1. Pesaremos como cantidades de manteiga e cera (4 veces más da primeira que da segunda) _ se precisamos que o producto sexa más brando, teremos que reducir una cantidade de cera.
  2. Colocamos nun recipiente pequeño como escamas de cera, e poñémolo ao baño maría (tª máxima: 36 ºC).
  3. Remexemos, e cando está fundido, engadimos a manteiga de cacao.
  4. Retiramos do lume e engadimos o aceite de améndoas (5 ml por cada 10 gramos de manteiga).
  5. Deixamos arrefriar e se queremos, antes de que solidifique-, engadimos unhas gotas dalgunha esencia, nós empregamos esencia de fresa.
  6. Gardar -antes de que estea sólida- nunha caixa pequeña con rosca, pouco profundo e de boca ancha.

No segundo turno, vistas como dificultades que atopamos xa que solidificaba moi pronto e dificultábase entre los receptores, axustamos como cantidades de cera y botamos a mestura no recipiente no que iamos levala para casa, ainda cando estaba moi líquida, engadindo entonces a esencia.

Pesando a manteiga
Pesada da cera de abella

 

 

 

 

 

 

Poñendo ao baño maría
Semper a remexer !!

 

 

 

 

 

 

Xa fundiu …
Engadimos o aceite

 

 

 

 

 

 

Axitamos !!
Botando a esencia

 

 

 

 

 

 

De novo, un remexer !!!
Que rápido solidifica !!
Moi sólido !!

 

 

 

 

 

 

Difícil encher a caixiña

 

 

 

 

 

 

Precisamos xustes …
Conseguido !!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tivemos que cambiar o procedimiento en canto ás cantidades de manteiga e cera; o demais tan só era cuestiones de non deixar que solidificara tanto no vaso de precipitados, botándoo no recipiente no que iamos levar unha mostra para nós.

A esencia dáballe un apetecíbel sabor a fresa, ainda que algún / algúnha participante no estaba a favor deste aroma !!!.

FOTOGRAFÍA: Nerea Argudín Sánchez