febrero 2021

Modelos atómicos

O alumnado de 3ºESO realizou unha exposición representando os diferentes modelos atómicos (desde Dalton, Thomson, Rutherford, Bohr ata o modelo Mecanocuántico actual) e a evolución da clasificación dos elementos ao longo da historia.

Pódense ver maquetas feitas con obxectos cotidianos facendo un bo uso da imaxinación para reproducir a idea de conceptos un tanto abstractos e acercalos ao público en xeral.

Ademais, atrévete a realizar o seguinte desafío!

 

 

Día da nena e a muller na ciencia

Dende o IES Afonso X O Sabio tamén aportamos o noso gran de area á celebración do Día da nena e a muller na ciencia.
Fixemos unha homenaxe a científicas do pasado como Hipatia, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin, Hedy Lamarr…, outras non tan coñecidas do presente, e confiamos que o mellor aínda esté por chegar coas científicas do futuro. Empregamos o cómic “Científicas: pasado, presente e futuro (http://institucional.us.es/cientificas/comic/)”

Experimentando co iodo

O martes día 2 de febreiro fixemos unha práctica de extracción de iodo e queremos compartir con vos as conclusións obtidas.

Puidemos apreciar como o iodo disólvese moito mellor nun disolvente orgánico, como o tetracloruro de carbono, que na auga. Observamos a súa cor característica e familiarizámonos coa técnica de extracción.