noviembre 2022

Melloramos a nosa horta!

O martes, 25 de outubro, iniciamos a nosa nova andaina na horta e coa axuda do alumnado de 1º de Bacharelato cambiamos a posición dos palés e puxémolos máis preto do hotel de insectos.

O martes, 15 de novembro, continuamos co traballo na horta. Preto dos palés, construímos dous bancais con bloques de formigón coa axuda do alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Despois estes alumnos foron enchendo eses bancais con terra enriquecida coa axuda dunha carretilla, caldeiros e outros materiais.

Foi un traballo un pouco duro pero moi entretido!

Descubrindo a Euclides!

O pasado martes tivo lugar a primeira sesión do grupo Euclides. Nesta sesión, deuse a coñecer a Euclides e o seu libro “Elementos” dunha forma pormenorizada. O que se pretendeu foi contextualizar o escrito (cando se escribiu, con que fin, en base a que coñecementos previos), e transmitir a enorme importancia que este texto, e o seu autor, tiveron no desenvolvemento científico e matemático ao longo de máis de dous milenios.