abril 2020

PREPARACIÓN DUN XEL ANTIBACTERIANO con Aloe vera

Experiencia realizada en febreiro de 2020.

Participaron en dous turnos alumnado de  Cultura Científica de 4º ESO e 1º bach.

Este xel é de interese polas propiedades hidratantes, antibacterianas , antisépticas e rexeneradoras que lle da o parénquima de Aloe vera. Se engaden aceites esenciais que reforzan as propiedades antisépticas, e aromas.

Ingredientes: 10 culleres de sopa de xel de Aloe, 20 gotas de aceite esencial de lavanda, ou ben 10 gotas de aceite esencial de árbore do té ou 10 gotas de aceite esencial de laranxa.

Procedemento:

  1. Preparar o xel de Aloe; extraemos o parénquima, triturámolo en frío.  Importante que se aparten os bordos das follas, escollendo tan só o parénquima xelatinoso e transparente.
  2. Vertémolo nun recipiente profundo e engadimos o aceite esencial de lavanda.
  3. Remexemos con unha culler de madeira ou silicona.
  4. Cando está ben mesturado, podemos engadir algún dos outros aceites esenciais e remexemos de novo, ben.
  5. Xa todo integrado, vertémolo nun envase mellor de cor escura, mellor con dosificador.

Duración: uns días, mellor en oscuridade e no frigorífico.

Suxestións: no engadir máis que un aceite esencial, do contrario o aroma e moi, moi forte, moi saturante… Non bater coa batidora ou ben engadir glicerina porque senón sae moi fluído.

Hau que quitar ben or bordos.
Sacando a pulpa (parénquima) das follas
Sacando a pulpa (parénquima) das follas

 

 

 

 

 

Preparados para bater!!
A bater!!!

 

 

 

 

 

Vainos sair ben!!!
Que pouco espeso!!

 

 

 

 

 

 

Repartindo a pulpa.
Engadindo o aceite esencial.

 

 

 

 

 

Removemos o aceite esencial.
Mostras para levar!

 

 

 

 

 

 

 

Todos/as levamos unha mostra. Puff! que aroma tan forteee!!. Debímoslle botar menos esencias. Parece un ambientador!!!!.

FOTOGRAFÍA: Nerea Argudín Sánchez