diciembre 2021

Multiplicación vexetativa

Antes de comenzar a preparar a horta, e para ir entrando en materia…, experimentamos coa multiplicación vexetativa mediante bulbos. Empregamos a especie Allium sativum (allo).

De Alina Zienowicz
De FASTILY

 

 

 

 

Se queremos garantir unha boa colleita de allo, non debemos escoller unha reprodución por sementes (reprodución sexual) porque presenta dificultades na xerminación (non xerminan de forma uniforme e abundante) e tamén as características das plantas resultantes poden ser moi diferentes. Coa multiplicación vexetativa (reprodución asexual) si podemos manter as características da planta proxenitora.

Cada “dente” ten unha xema no interior coa capacidade de brotar e producir unha nova planta.

Obxectivos:

– Establecer a importancia do tecido meristemático nas xemas.

– Estudar a influencia dos parámetros ambientais na xerminación e facer un seguimento das fases de xerminación.

– Observación de tropismos.

Procedemento:

– Preparar unha botella de plástico de 1,5 litros, retirar o tapón e a etiqueta, e facer ocos a intervalos regulares onde se van colocar os dentes de allo.

– Encher a botella de auga ata a primeira fila de buratos e colocar os dentes.

– Encher de substrato a maceta ou recipiente sobre o que colocarás a botella enterrada ata o nivel de auga.

– Preparar unha botella de auga de 5 litros: retirar o fondo e colocala cubrindo a botella onde se dispoñen os allos.

– Regar ben a terra das macetas.

– Observar o proceso aos 3, 7 e 10 días.

– Cando as raíces estean ben desenvolvidas, podemos plantar o allo brotado; enche unha maceta con substrato, fai pequenos buratos onde introducirás o dente ata a metade, tapa suavemente sen presionar. Pulveriza auga xenerosamente e agarda a que medren as novas plantas.

Posta en práctica da primeira fase da experiencia:

Facendo os buratos para colocar os allos

A esperar que boten follas e raíz
Allos xa plantados na horta…