Os días 13 e 14 de xuño celebramos no #iesafonsoxcambre a Feira da Ciencia onde, o alumnado que participou este curso no #clubdeciencia, está a divulgar ao resto da comunidade educativa os traballos e experimentos feitos ao longo do curso.
O que sembra recolle!!!
Esta semana puidemos disfrutar da recollida da nosa colleita.
Fotos do Día da Ciencia na Rúa
Día da Ciencia na Rúa

Indagando sobre a xeometría do espazo
Este martes, desde o grupo que analiza os Elementos de Euclides, traballamos sobre os libros XI, XII e XIII, correspondentes á xeometría do espazo, indagando algunhas das súas proposicións de xeito manipulativo.
Explosión de cores!
Hoxe experimentamos co comportamento do xabón líquido sobre as graxas empregando colorantes. Obtivemos “paisaxes” moi chulas
Reloxo de iodo con produtos caseiros
Esta semana estivemos facendo a reacción clásica do iodo con amidón, na que se forma un complexo iodo-amilosa de cor escura.
Mesturando tintura de iodo, vitamina C, auga osixenada e amidón, puidemos ver que o cambio de cor tarda en producirse, en función da concentración dos reactivos. Seguiremos indagando e perfeccionando a técnica!!
Identificamos as plantas da horta
Esta semana identificamos as plantas da horta, mentres esperamos para a recollida da colleita.
Premios do I Concurso de Infografías do Club de Ciencia
Hoxe entregamos os premios aos/ás gañadores/as do concurso I concurso de Infografías do Club de Ciencia.
As infografías gañadoras foron:
- 1º premio: 90€ (nun vale para material escolar) para Natalia de 3º ESO D
- 2º premio: 60€ (nun vale para material escolar) para María de 1º ESO F
- 3º premio: 30€ (nun vale para material escolar) para Aitana de 1º ESO F
- 3º premio: 30€ (nun vale para material escolar) para Iván de 3º ESO D
Noraboa rapaces!
Día da Nena e a Muller na Ciencia
Dende o Club de Ciencia tamén celebramos o Día da Nena 👧e a Muller 👩 na Ciencia, expoñendo os traballos 📄 de diferentes científicas 👩🔬 e visionando un vídeo 🎞 sobre Jocelyn Bell