O pasado martes, día 18 de xuño, fixemos unha pequena festa de despedida.
Primeiro tomamos uns petiscos na cafetería do centro e a continuación fomos ao laboratorio de física onde a coordinadora do Club de Ciencia, Chus Moreira, entregou ao alumnado os diplomas que acreditaban a súa participación nas actividades levadas a cabo polo Club de Ciencia durante o curso 23/24.
Terminamos a xornada vendo un vídeo e as fotos das actividades levadas a cabo durante todo o curso.























