noviembre 2019

CELEBRACIÓN DA SEMANA DOS FUNGOS!!

Panel realizado por alumn @ s de 1º ESO F

Estabamos en outubro, xa a tempo para recoller cogomelos coa axuda de dous expertos micólogos da Asociación ANDOA de Cambre, Álvaro Martiañez e José Manuel del Río.

A meteoroloxía axudounos para ter unha xornada boa en tempo e recollida.

As 8:30, xa estaba José Manuel del Río dando unha charla en 4º ESO A ( grupo que ía facer a recollida) sobre o “Mundo dos fungos”.  Despois tocou bus e patear o monte…                         

Sobre o terreo as explicacións continuaron, e a variedade de cogumelos recollidos, medraba. A meirande parte recollímolos en piñeiral, e outros en bosque caducifolio.

Andivemos recollendo cogomelos por piñeirais, principalmente

Por fin !!!, un Boletus edulis. Mira que tiña gañas José Manuel de atopalo …
E chegou o momento de atopar un grupo de Amanita muscaria !!!. Segundo obxectivo cumprido !!!, Que bonita é o cogomelo dos ananitos …
Regresamos ao bus; era hora de xantar e repoñer forzas …

Dirixímonos ao lago artificial de As Pontes, e a carón das augas descansamos.

A carón do lago de As Pontes
Cambio de posición e fotógrafo!!!

Chegamos ao Centro e tocaba foto do grupo…

Agora chegaba o arduo traballo da montaxe da exposición, pero como o número de colaboradores era máis que suficiente e  traballando en cadea, cumprimos co obxectivo de deixar a exposición totalmente preparada (exemplares de 40 especies de fungos !!!), arroupada por carteis específicos do tema, realizado polo alumnado  de 4º A. A pancarta co título fixérona alumnos/as de  1º ESO F, o as tarxetas de identificación, alumnos/as de 1º ESO A e  E.

MONTAXE DA EXPOSICIÓN

Un variado mundo de formas, tamaños e cores …
A forma de vida dos fungos pode ser saprófita, parásita (temos no centro a unha especie parásita de árbores), e simbionte (temos na foto un lique á dereita (fungo en simbiose cun alga).
Boletus edulis, gran manxar, despois de quitarlle o himenio esponxoso; tamén é bo o pé.
Amanita … ollo !!, himenio de láminas brancas, volva na base e anel fixo. De lonxe ….
Moi bo para guisos despois de quitarlle as brandiñas “púas” do himenio.
Delicada, endeble Mycena, medrando sobre unha pina.
Macrolepiota; moi bo comestible (tan só o sombreiro).

 

 

 

 

Tamén hai fungos xelatinosos de vivas cores …
A Hypholoma é parásitas das árbores.

 

 

 

 

A fariñeira, polo seu aroma a fariña …
As  Rúsulas identificanse moi ben porque o seu pé parte coma o xiz.
Amanitas !!! … perigo !! Hay moitas especies, e tan só dúas pódense comer !!!
Amanita muscaria … alucinóxena !!. Un dos cogomelos máis bonitos.
Vista da exposición de 40 especies de fungos.

OBRADOIRO de LÉVEDOS E MOFOS. 

Globos enchidos que aparecen o traballo dos lévedos.

Nos recreos do xoves e venres, alumnado de 1º ESO F estivo ao cargo dun Obradoiro sobre lévedos e mofos. Explicaron os alumnos/as monitores como traballan os lévedos- vistosos os resultados ao encher os globos …-; tamén poideron ver ao microscopio lévedos, e coa lupa binocular mofos.

Todos e todas moi no seu papel … Todo control baixo !!!
Os espectadores animáronse a facer a experiencia con lévedos.
Obervando mofos coa lupa binocular e lévedos ao microscopio
Houbo bastante alumnado interesado no obradoiro …

RENOVAMOS!!!!

Logotipo club de ciencias

Deixamos atrás un verán reparador, e xa estamos inmersos nun novo curso académico…, e si!!,  renovamos co Club de Ciencia!!.

Retomamos con ilusión este proxecto, en particular eses “candidatos a mago@s”- como decía na presentación deste blog o curso pasado-, que sodes vos, alumnas e alumnos. Grazas ao voso entusiasmo, dedicación e gañas de aprender da man dos experimentos, podemos continuar co importante labor de divulgar Ciencia.

Facer das disciplinas de Ciencias algo próximo, didáctico e fácil seguindo o camiño das experiencias prácticas, debémolo ter sempre no noso horizonte coma obxectivo prioritario.

Algúns de vós continuaredes, outras e outros seredes “novos aprendices” e pronto “pequenos mestres”. Remataremos en xuño cansos pero seguro que felices coas xornadas de aprendizaxe e convivencia que vamos desenvolver. E non esquezades: “sempre que poidades seguide a senda da aprendizaxe coa experimentación”.

Esther Domínguez