junio 2019

GACETA DE Cultura Científica…. a tempo!!!!

Ao final si que saliu á luz -ainda que apremiados polo tempo- o terceiro número da Gaceta de Cultura Científica que recolle os traballos -ou selección dos mesmos- dos alumnos da asignatura de Cultura Científica de 4º ESO e 1º  Bacharelato.

O seu nome como xa lembraredes é o que serviu para nomear ao presente Blog de Ciencia.

Estivemos bastante apurados este curso, pero chegamos a poder distribuila a parte do alumnado;  e todos os alumn@s de CuCi que desexaron levar un exemplar da gaceta, tivérono a tempo.

É unha grata lembranza da súa labor, quedando evidente que os traballos que realizan son importantes e serven para divulgar “cultura científica”.

Este ano ten bastantes páxinas pero e de moito interese o contido. Xa veredes….

Aí vai o sumario…, que contén artigos de Medicina ao longo da Historia, de Xenética, Nanomedicina, do noso Sistema Solar, de radiacións cósmicas, turismo espacial, vida extraterrestre, etc; sobre o cancro, e tamén sobre productos que usamos na vida cotiá  (lacas, esmalte de unllas, pasta de dentes, cremas, productos de limpeza, vapers, etc,) que teñen componentes nocivos para a saúde e poden cando menos producirnos alerxias, e o máis dañino, que é o efecto acumulativo no nosos corpos.

             Todo importante, pero en calquera caso eu elexiría un artigo de opinión elaborado por Pablo Maceiras…., que remexe o noso interior, facendo que aflore o noso espíritu solidario…

Por outra banda, O protagonismo levouno o radón- ese “noble” gas da Táboa periódica dos elementos químicos- co que convivimos no noso IES, e posiblemente nos nosos fogares, co que é doado loitar sabendo que o temos de “compañeiro” diario ao longo dos anos, ás veces.

A cuestión: estar informados, e logo facendo uso da nosa liberdade,       decidir o que facemos.

páxina 61!!
páxina 62!!
                                         Agradecemento de Esther, profesora de CuCi.

Veña!!!, ainda que cansos…, quedan semanas de recuperación estival para xa comenzar preparar material para o número 4!!!. Estudaremos que sexa en formato dixital. Feliz verán a tod@s!!!!

XIII Concurso de fotografía no Día de Medio Ambiente

Como cada ano, e xa van trece, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía convocou o Concurso de Fotografía. Este ano o lema foi “Ola, Primavera !. O espertar da vida …”. Queremos dende aquí, reiterar o noso agradecemento a todo o alumnado participante; quedamos abraiados tanto polo número de concursantes como pola calidade das fotografías. Tarefa moi complexa foi a do xurado ao ter que elixir só dous gañadores.

A continuación mostramos un vídeo con todas as fotografías dos participantes:

Os gañadores do concurso foron:

  • 1º premio : “Lei da mirada” – Felipe Neto Dos Santos

  • 2º premio : “O impoluto vixilante” – Francisco Javier Rodríguez Alvarado

O acto de entrega de premios coma sempre foi o día 5 de xuño  Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano adicado á contaminación do aire.                                        Un grupo de alumnado de 4º ESO A e B, foi o encargado da preparación deste acto: elaboraron o discurso, fixeron experimentos, así como varias presentacións, para motivar e facernos reflexionar sobre as causas, as consecuencias e as solucións sobre este problema ambiental.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A exposición das fotografías de todos os participantes, compartiu espazo e tempo coa exposición sobre  contaminación en xeral, prestando atención a outros contaminantes da vida cotiá que pasan máis desapercibidos, levada a cabo polo alumnado de 4º ESO (A, B)  e o alumnado de Cultura Científica  de 4º ESO                 

O ser humano non é o único afectado polos contaminantes , o que quedou reflectido nos traballos sobre redes tróficas en diferentes ecosistemas realizados por alumnado de 1º ESO  (grupos A e B).

 

 

 

Pósters contaminación alumnado 4º Bioloxía

Contaminantes da vida cotiá.
Traballos alumnado Cultura Cientíica 4º ESO
Traballos sobre a contaminación por radón.
CuCi 4º ESO
Paneis de redes tróficas elaboradas por alumnos de 1º ESO.

 

Noraboa aos premiados e moitas grazas a todos por participar!

Visita a aula do Mar dos faros de Mera e Roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes (21 e 22 de Marzo)

As/os alumnas/os coñeceron os valores naturais e culturais da nosa costa, as problemáticas ambientais da beiramar galega e descubriron as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio máis respectuosa e sostible.

Repoñendo forzas, contemplando a paisaxe!
O traballo incansable do mar sobre a costa. As Furnas!!
Moito camiño por recorrer. Fantástico día!!!