abril 2019

FACENDO XELATINA…

E continuamos aproveitando o “mundo das algas”; agora elaboraremos xelatinas de sabores- usando zumos- utilizando como espesante o agar-agar, producto extraído de algas vermellas, que é un aditivo alimentario (E 406).

Tranquilidade….o agar o compramos xa elaborado e os zumos fixémolos nós…; ben, debemos confesar que como queriamos de tantos sabores, algún zume -o máis natural posíbel- tivemos que comprar.

Tan só tedes que botar a cantidade precisa deste xelificante, diluílo en unha pouca cantidade de zume, e botarllo ao resto do zume cando estea quente, removedes ata que entre en ebullición, e retirades. Botades en moldes a mestura e deixádeo solidificar a temperatura ambiente.

O agar non lle da sabor, tan só o de que lle engadas de zume. Mellor non moi concentrado e ben filtrado… !sen pulpa, por favor!!.

Quentando o zume.
Hai que remexer continuamente unha vez que lle botamos o agar.
Repartindo a futura xelatina nos vasiños.
Deixámola 24 horas para que estivera no seu punto.
Pero daba gañas de probala xa!
E chegou o momento!!!. A probar (non é obrigatorio…).
Veña, ánimo!!!. Que hai xelatina de piña, limón, arándanos e máis…
Que tan saliu?.
As que máis gustaron foron a de piña e a de arándanos. Unha bágoa a de limón natural… Esquecimos o azucre!!!

“VERMELLO SOBRE VERDE”. As algas que non son verdes tamén teñen clorofila.

Sempre contan os “profes” que os vexetais son verdes e por iso fan a fotosíntese …, pero tamén sabemos que hai plantas e máis algas que amosan outras cores … Terán clorofila e poderán facer tamén a fotosíntese?

Plantexamos facer unha experiencia para comprobar se está o pigmento verde, é dicir, a clorofila, en todas as algas.

O procedemento: 1- Lavalas e cortalas en anacos. 2- Triturar co morteiro, con axuda de area (logo recuperámola), ou ben pasándoo pola batidora. Engadimos un pouco de alcohol para axudar no proceso. 3- O extracto filtrado é botado nun tubo de ensaio  e engadimos un disolvente para separar os pigmentos. 4- Na parte superior atopariamos as clorofilas e por baixo os pigmentos amarelas (xantofilas)  mesturados cos de cor laranxa (carotenoides).

A ficoeritrina responsable da cor vermella, é de complicada extracción e “pasamos dela”. Xa sabiamos que estaba presente pola cor amosada polas algas vermellas. 

A conclusión á que chegamaos é que sempre está aí a clorofila, “baixo” outros pigmentos. Ter outros pigmentos permite as algas aproveitar a luz solar a maiores profundidades como é o caso das algas vermellas.

Troceando algas vermellas
Cortando en anacos algas pardas.
Trituramos con movimiento rotatorio.
Axudámonos de área para o macerado.
Tamén “colaborou” a batidora ….
Obtivemos un extracto.
Filtrámolo coa axuda de funil revestido de papel de filtro.
Axudamos a que o filtrado vaia un pouco máis rápido.
Botámolo nun tubo de ensaio.
Clorofila a, máis escura, na superficie. Baixo ela, a clorofila b.
Clorofila e na banda baixa, carotenos e xantofilas; nas algas vermellas.
Clorofilas e carotenoides de alga parda.

15 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia

Para festexar esta efeméride, os alumn@s de Cultura Científica de 1º bacharelato, fixeron un panel que vai quedar de xeito permanente exposto no Centro.

En cada foto vai  posto o nome de cada muller que destacou nalgunha disciplina/s de Ciencias. E como marco da composición de fotos, unhas frases repetidas que intentan ser un gran de area na defensa da figura feminina neste ámbito. Algunhas destas frases foron creadas por estos alumn@s.

 Homenaxe ás mulleres científicas AO LONGO DA HISTORIA

“Son  todas  as  que  están  pero  non  todas as que son”
Das 108 mulleres adicadas á Ciencias cuxa foto recolle o panel, a tan só 18 delas concedéronlle o Premio Novel.
Algúns dos alumn@s que traballaron nesta homenaxe.
Visitando o panel….

Esta foi a frase elexida por Carolina, Natalia, Carla, Angel, Jazmín, Lara, Rosana, Sara, Laura, Alba, Alberto e Sergio para poñer fin a esta entrada :

” O home é da Terra, a muller é da Terra. Convive con ilo”. ( George Carling)

EXPOSICIÓN. Efemérides 4 de febreiro: Día mundial da loita contra o cancro, e 15 de febreiro: Día Internacional cancro infantil.

Preparamos a exposición cos traballos realizados polos alumn @ s de Cultura Científica de 4º ESO. Primeiro recopilaron información en sesiones na aula de informática; Despose de procesala e seleccionala, deseñaron paneis, carteis … que formaron a exposición.

A pancarta conmemorativa é traballo dos alumn @ s de 1º bacharelato de Ciencias.

Alumnos @ s de Cultura Científica de 1º bacharela, colaborar en la preparación del cuestionario para responder a los alumnos que visitan una exposición.

Alumnos @ os de Cultura Científica de 4º ESO actuaron de monitores en los alumnos de 1º ESO en pequenos grupos.

Haga clic aquí para ver las imágenes interactivas.

Expositor central
Expositor central
Expositor da esquerda
Expositor lateral
Axentes determinantes para padecer cancro.
Axentes canceríxenos.
Preparación do cuestionario para os visitantes….
Visita dun grupo de alumnos de 1º ESO
Intentando buscar as solucións ao cuestionario…
Nos recreos os visitantes tiñan a opción de aprender realizando actividades interactivas.