jlobeiras

Visita a aula do Mar dos faros de Mera e Roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes (21 e 22 de Marzo)

As/os alumnas/os coñeceron os valores naturais e culturais da nosa costa, as problemáticas ambientais da beiramar galega e descubriron as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio máis respectuosa e sostible.

Repoñendo forzas, contemplando a paisaxe!
O traballo incansable do mar sobre a costa. As Furnas!!
Moito camiño por recorrer. Fantástico día!!!

Día do ADN

Celebración do día do ADN, 25 de abril. Os alumnos de 4º da ESO fixeron un obradoiro durante o recreo no vestíbulo do IES sobre a extracción do ADN das células da mucosa bucal. Todos os alumnos e profesores que quixeron puideron visualizar o seu propio ADN.

Almorzos saudables

Este pasado 21 de decembro fixemos unha exposición, co aprendido na clase sobre as propiedades dos alimentos e varias receitas, en forma de buffet libre para os nosos compañeiros, coincidindo coa festa de Nadal do noso instituto.

Consistiu, como podemos ver nas fotos, nunha cata de aceites de distintos tipos (de xirasol, de oliva virxe extra, de liño e de sésamo) sobre pedazos de pan, tartar de espaguetis de mar (con olivas negras e outras ao natural), outro tipo de algas ao curry e outras con aroma a allo; uns biscoitos feitos por nós, crema Budwing, que consiste en froitas de temporada bañadas con bebida de soia e máis un chorro de aceite de oliva virxe extra; bebida de soia con cacao, e por último uns sándwichs vexetais, tamén feitos por nós.

Este sería un resumo do feito o outro día, que resultou ser un éxito entre os nosos compañeiros e profesores, que tamén probaron eles os nosos manxares.

Preparando o almorzo 6
Biscoitos de iogur, feitos con fariña de espelta integral, azucre moreno de cana integral, limón ecolóxico, iogur de ovella ecolóxico, lévedo, ovos e aceite de oliva.
Preparando o almorzo 5
Crema “budwing”, froita ecolóxica (plátano, mazá, fresa), arándanos pasos, noces, limón, bebida vexetal de avena, kéfir de ovella, aceite de oliva. Todo ecolóxico!
Preparando o almorzo 4
Aquí están os bocadiños de diferentes algas en aceite, con allo e ao natural.
Preparando o almorzo 3
Sándwich vexetal, con pan de molde, aceite, maionesa, leituga, tomate, bonito e ovos cocidos.
Preparando o almorzo 2
Degustación de aceites e tartar de algas en pan da zona.
Preparando o almorzo 1
Preparando o sándwich vexetal. Coas mans na masa!
Almorzando xuntos
Dispostas/os a ofrecer as/os compañeiras/os as súas preparacións culinarias. Bo traballo!

 

 

 

 

 

 

A primeira excursión

Onte fomos á Universidade Laboral, en Culleredo, para asistir a unha charla de María Solar sobre o seu libro Os nenos da varíola.

No bus falabamos moito, e había xente que facía o parvo. Sempre pasa. Eu non falei tanto; estaba moi nerviosa porque me interesa moito o tema da expedición (aínda que non sei como me interesa, se odio a Bioloxía). Ademais, iamos coñecer a escritora. Cando entramos no edificio esperamos un pouco e pasamos ao salón de actos. Entón os meus nervios aceleráronse e comecei a tremer; estaba xa a un nivel extremo de nerviosismo.

A charla constou de dúas partes: na primeira explicaban cousas sobre a varíola e na segunda falaron da Real Expedición. Na primeira aburrinme como nas clases de mate, pero na segunda si que me divertín. Encántame ese tema! Primeiro falaron de que a varíola matou moita xente, que era provocada por un virus, que ao mellor non estaba extinguida de todo, etc. Logo, cando falaron da Real Expedición, contaron cousas que eu, xa sabía, pero tamén outras que non, como que Balmis tiña un diario ou que o nome de Isabel Zendal non se coñecía correctamente ata hai uns anos. Ao final fixemos unhas preguntas.

Ao rematar, algúns nenos e nenas achegámonos para que María Solar nos firmase o libro. Unha amiga non se puido resistir a contarlle o da obra de teatro. Nese momento descubrín que María Solar estaba moi emocionada con ese tema.

En resumo, que me encantou a excursión. Dende logo que volvería!

Sara Ramos López 1ºF

Na entrada
Na entrada
Os nenos da varíola
Os nenos da varíola
Na charla
Na charla

 

Día Mundial de Loita contra a SIDA

As alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Anatomía mostran os seus traballos e divulgación dos mesmos, baseados na Busca de Información, Elaboración de Cartéis e Maquetas para a Exposición, a Formación que recibiron e a súa Divulgación a alumnas e alumnos de Secundaria.

Busca de información
Busca de información
Elaboración de cartéis e maquetas
Elaboración de cartéis e maquetas
Preparando a exposición
Preparando a exposición
A Divulgación
A Divulgación
A Exposición
A Exposición
O VIH
O VIH

Celebrar o Día Mundial do SIDA desta maneira foi moi interesante e divertido para todos. Tivemos a oportunidade de colaborar cos nosos compañeiros, aprender algo novo, poñernos no lugar dos profesores e fixemos que os compañeiros se interesaran por un tema que, ata agora, no estivera tan presente entre nós. Moitas grazas por darnos esta oportunidade e esperamos poder seguir a colaborar en proxectos como este.

1º de Bach.

Vídeo da Cruz Vermella