Descubrindo a Euclides!

O pasado martes, día 28 de novembro, o equipo vermello do Club de Ciencia tivo a primeira sesión de Euclides. Nesta sesión, deuse a coñecer a Euclides e o seu libro “Elementos” dunha forma pormenorizada. O que se pretendeu foi contextualizar o escrito (cando se escribiu, con que fin, en base a que coñecementos previos), e transmitir a enorme importancia que este texto, e o seu autor, tiveron no desenvolvemento científico e matemático ao longo de máis de dous milenios.