O alumnado de 1º de ESO e 2º de PMAR están a traballar nun horto escolar.
O proxecto abarcará as seguintes fases:
1) Cultivo no interior de plantas aromáticas e culinarias.
2) Secado e embalaxe.
3) Elaboración de esencias, ambientadores, etc.
4) Cultivo no exterior.
Distribuímola polas clases, e atopamos boa colaboración dos nosos compañeir@s e profesores/as. Era individual e anónima. Tiñan que dicir si eran verdadeiras ou falsas as 20 afirmacións que recollía. E agora que xa temos “material”, chega o momento de correxilas… Aínda non sabemos se vamos a poñer nota…, prégase tranquilidade!!!. Cando rematemos -e vai levar tempo-, xa vos diremos cal é o noso nivel de cultura científica.
As alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Anatomía mostran os seus traballos e divulgación dos mesmos, baseados na Busca de Información, Elaboración de Cartéis e Maquetas para a Exposición, a Formación que recibiron e a súa Divulgación a alumnas e alumnos de Secundaria.
Celebrar o Día Mundial do SIDA desta maneira foi moi interesante e divertido para todos. Tivemos a oportunidade de colaborar cos nosos compañeiros, aprender algo novo, poñernos no lugar dos profesores e fixemos que os compañeiros se interesaran por un tema que, ata agora, no estivera tan presente entre nós. Moitas grazas por darnos esta oportunidade e esperamos poder seguir a colaborar en proxectos como este.
Un dos obxectivos da materia de Cultura Científica de 4º ESO e 1º bacharelato, é que os alum@s aprendan a DIVULGAR CIENCIA (noticias de acontecementos científicos, experiencias, etc).
Previamente abordan a busca de información na Rede, en xornais, revistas…, que expoñen no taboleiro do Noticieiro Científico situado no vestíbulo do IES.
No presente curso académico, renovamos o deseño do título (Noticieiro100tífico), poñendo en práctica os alumn@s a súa creatividade. Ademais marcamos con cores as noticias da mesma temática, engadindo a lenda coas cores no expositor.
Coa experiencia de cursos anteriores, plantexouse como novidade pegar carteis en puntos estratéxicos do Centro para anunciar o Noticieiro. O deseño dos carteis fixérono Sergio Palleiro e Alberto Montes, e o “slogan” foi creado por Sergio Palleiro.
Comezamos co blog do club de ciencias do instituto. Nesta primeira entrada presentamos o debuxo da cabeceira en detalle. Esta feito grazas á colaboración de Lara Gómez, Alba Antón e Jazmin Torres.