Comeza unha nova edición do Club de Ciencia

Onte comezamos as actividades do club de ciencia do curso 25/26. O alumnado dividido en tres equipos (vermello, azul e negro) realizou as seguintes tarefas:

  • O equipo vermello estivo con Silvia traballando na horta.
  • O equipo azul estivo con Vanesa e Chus facendo adornos con material reciclado para a árbore de nadal.
  • O equipo negro estivo con Cristina na aula de informática probando o algoritmo para validar a letra do DNI/NIE.

Fotos da xornada

Participamos na Open Science 2025 de Cambre

A pasada fin de semana participamos na Open Science 2025 de Cambre. Nesta feira presentamos alguns dos proxectos levados a cabo polo Club de Ciencias no curso 24/25:

  • Construcción dun Helicone
  • Construcción dunha cámara escura
  • Cosmética e limpeza natural
  • O proceso da esferificación

O proxecto Cosmética e limpeza natural recibiu un premio na feira polo que, queremos felicitar a todo o alumnado e profesorado que levou a cabo este proxecto. Parabéns compañeir@s!

Estas son algunhas das fotografías da xornada: