mdmartin

CELEBRACIÓN DA SEMANA DOS FUNGOS!!

Panel realizado por alumn @ s de 1º ESO F

Estabamos en outubro, xa a tempo para recoller cogomelos coa axuda de dous expertos micólogos da Asociación ANDOA de Cambre, Álvaro Martiañez e José Manuel del Río.

A meteoroloxía axudounos para ter unha xornada boa en tempo e recollida.

As 8:30, xa estaba José Manuel del Río dando unha charla en 4º ESO A ( grupo que ía facer a recollida) sobre o “Mundo dos fungos”.  Despois tocou bus e patear o monte…                         

Sobre o terreo as explicacións continuaron, e a variedade de cogumelos recollidos, medraba. A meirande parte recollímolos en piñeiral, e outros en bosque caducifolio.

Andivemos recollendo cogomelos por piñeirais, principalmente

Por fin !!!, un Boletus edulis. Mira que tiña gañas José Manuel de atopalo …
E chegou o momento de atopar un grupo de Amanita muscaria !!!. Segundo obxectivo cumprido !!!, Que bonita é o cogomelo dos ananitos …
Regresamos ao bus; era hora de xantar e repoñer forzas …

Dirixímonos ao lago artificial de As Pontes, e a carón das augas descansamos.

A carón do lago de As Pontes
Cambio de posición e fotógrafo!!!

Chegamos ao Centro e tocaba foto do grupo…

Agora chegaba o arduo traballo da montaxe da exposición, pero como o número de colaboradores era máis que suficiente e  traballando en cadea, cumprimos co obxectivo de deixar a exposición totalmente preparada (exemplares de 40 especies de fungos !!!), arroupada por carteis específicos do tema, realizado polo alumnado  de 4º A. A pancarta co título fixérona alumnos/as de  1º ESO F, o as tarxetas de identificación, alumnos/as de 1º ESO A e  E.

MONTAXE DA EXPOSICIÓN

Un variado mundo de formas, tamaños e cores …
A forma de vida dos fungos pode ser saprófita, parásita (temos no centro a unha especie parásita de árbores), e simbionte (temos na foto un lique á dereita (fungo en simbiose cun alga).
Boletus edulis, gran manxar, despois de quitarlle o himenio esponxoso; tamén é bo o pé.
Amanita … ollo !!, himenio de láminas brancas, volva na base e anel fixo. De lonxe ….
Moi bo para guisos despois de quitarlle as brandiñas “púas” do himenio.
Delicada, endeble Mycena, medrando sobre unha pina.
Macrolepiota; moi bo comestible (tan só o sombreiro).

 

 

 

 

Tamén hai fungos xelatinosos de vivas cores …
A Hypholoma é parásitas das árbores.

 

 

 

 

A fariñeira, polo seu aroma a fariña …
As  Rúsulas identificanse moi ben porque o seu pé parte coma o xiz.
Amanitas !!! … perigo !! Hay moitas especies, e tan só dúas pódense comer !!!
Amanita muscaria … alucinóxena !!. Un dos cogomelos máis bonitos.
Vista da exposición de 40 especies de fungos.

OBRADOIRO de LÉVEDOS E MOFOS. 

Globos enchidos que aparecen o traballo dos lévedos.

Nos recreos do xoves e venres, alumnado de 1º ESO F estivo ao cargo dun Obradoiro sobre lévedos e mofos. Explicaron os alumnos/as monitores como traballan os lévedos- vistosos os resultados ao encher os globos …-; tamén poideron ver ao microscopio lévedos, e coa lupa binocular mofos.

Todos e todas moi no seu papel … Todo control baixo !!!
Os espectadores animáronse a facer a experiencia con lévedos.
Obervando mofos coa lupa binocular e lévedos ao microscopio
Houbo bastante alumnado interesado no obradoiro …

RENOVAMOS!!!!

Logotipo club de ciencias

Deixamos atrás un verán reparador, e xa estamos inmersos nun novo curso académico…, e si!!,  renovamos co Club de Ciencia!!.

Retomamos con ilusión este proxecto, en particular eses “candidatos a mago@s”- como decía na presentación deste blog o curso pasado-, que sodes vos, alumnas e alumnos. Grazas ao voso entusiasmo, dedicación e gañas de aprender da man dos experimentos, podemos continuar co importante labor de divulgar Ciencia.

Facer das disciplinas de Ciencias algo próximo, didáctico e fácil seguindo o camiño das experiencias prácticas, debémolo ter sempre no noso horizonte coma obxectivo prioritario.

Algúns de vós continuaredes, outras e outros seredes “novos aprendices” e pronto “pequenos mestres”. Remataremos en xuño cansos pero seguro que felices coas xornadas de aprendizaxe e convivencia que vamos desenvolver. E non esquezades: “sempre que poidades seguide a senda da aprendizaxe coa experimentación”.

Esther Domínguez

GACETA DE Cultura Científica…. a tempo!!!!

Ao final si que saliu á luz -ainda que apremiados polo tempo- o terceiro número da Gaceta de Cultura Científica que recolle os traballos -ou selección dos mesmos- dos alumnos da asignatura de Cultura Científica de 4º ESO e 1º  Bacharelato.

O seu nome como xa lembraredes é o que serviu para nomear ao presente Blog de Ciencia.

Estivemos bastante apurados este curso, pero chegamos a poder distribuila a parte do alumnado;  e todos os alumn@s de CuCi que desexaron levar un exemplar da gaceta, tivérono a tempo.

É unha grata lembranza da súa labor, quedando evidente que os traballos que realizan son importantes e serven para divulgar “cultura científica”.

Este ano ten bastantes páxinas pero e de moito interese o contido. Xa veredes….

Aí vai o sumario…, que contén artigos de Medicina ao longo da Historia, de Xenética, Nanomedicina, do noso Sistema Solar, de radiacións cósmicas, turismo espacial, vida extraterrestre, etc; sobre o cancro, e tamén sobre productos que usamos na vida cotiá  (lacas, esmalte de unllas, pasta de dentes, cremas, productos de limpeza, vapers, etc,) que teñen componentes nocivos para a saúde e poden cando menos producirnos alerxias, e o máis dañino, que é o efecto acumulativo no nosos corpos.

             Todo importante, pero en calquera caso eu elexiría un artigo de opinión elaborado por Pablo Maceiras…., que remexe o noso interior, facendo que aflore o noso espíritu solidario…

Por outra banda, O protagonismo levouno o radón- ese “noble” gas da Táboa periódica dos elementos químicos- co que convivimos no noso IES, e posiblemente nos nosos fogares, co que é doado loitar sabendo que o temos de “compañeiro” diario ao longo dos anos, ás veces.

A cuestión: estar informados, e logo facendo uso da nosa liberdade,       decidir o que facemos.

páxina 61!!
páxina 62!!
                                         Agradecemento de Esther, profesora de CuCi.

Veña!!!, ainda que cansos…, quedan semanas de recuperación estival para xa comenzar preparar material para o número 4!!!. Estudaremos que sexa en formato dixital. Feliz verán a tod@s!!!!

Preparando a práctica das pegadas dactilares….. Sorprendente o mapa topográfico que temos nos dedos!!!!

Tamén foi preparada por alumnos de 4º ESO e de 1º Bacharelato de Cultura Científica. Agradecemos as fotos de Laura Montes de Oca, Alejandro Arcas e Juan Moreira. As pegadas dactilares son unha forma para identificar ás persoas xa que non hai dúas que as teñan iguais, nin os xemelgos idénticos. Con todo, non é… Leer más Preparando a práctica das pegadas dactilares….. Sorprendente o mapa topográfico que temos nos dedos!!!!

Por fin…, xa chegan os resultados da enquisa de Cultura Científica!!!

Agradecer aos alumn@s de Cultura Científica de 1º bacharelato, que “curraron a tope” no reconto de acertos;  grazas a: Angel, Jazmín, Lara, Rosana, Sara, Laura, Gabriela, Natalia e Carla. Para reflexionar sobre os resultados obtidos… A maior porcentaxe de respostas en branco, corresponden a 1º ESO e 2º ESO, nesta orde.  

ELABORACIÓN DE XABRÓN

O xabrón é  resultado dunha reacción química entre un aceite o graxa cun álcali (hidróxido sódico por exemplo); as sales sódicas que se forman é o xabrón. Como producto da reacción obtemos tamén glicerina.

Na práctica usamos aceite de oliva, graxa de coco e hidróxido sódico. Tamén esencias naturais como a de lavanda (relaxante) e laranxa doce para darlle aroma; Engadimos nalgúns pel de limón raiada (exfoliante), flores de macela (suavizantes e hidratantes).

As medidas das cantidades empregadas deben ser precisas … pero tamén as experiencias debémolas realizar con tempo e tranquilidade … e nós ainda que “empregarnos” a bo ritmo a batedora para que masa ligara antes …., os resultados foron óptimos.

O máis divertido foi o ter que “disfrazarse”, xa que tiñamos que tomar as medidas de protección necesarias.

Hai variados métodos para facer xabrón caseiro, nós utilizamos un método en frío, que deu bos resultados.

Os alumn@s están impacientes por levar o seu xabron para casa pero debemos darlles un pouco de repouso … en lugar escuro, seco e con pouca calor.

Tede paciencia !!!!

Mención especial paraa os nosos reporteiros fotográficos: Marta Roel, Juan Moreira e Lucía Andrade.

1- As cantidades de graxa e aceite deben ser  precisas … Na imaxe pesando a graxa de coco.
2- O aceite/ graxa debe quentarse un pouco …
3- Ao mesmo tempo medimos a auga na que vamos a botar a sosa.
4- Pesamos con precaución a sosa.
5- Botamos con coidado a sosa enriba da auga.
6- Primeiro plano da fase. Vai ser unha reacción exotérmica, libera calor, polo que no es preciso quentar a disolución!!!
7- Vedes o vapor no vaso de precipitados ???. Está liberando calor.
8- Despois mesturamos a disolución de sosa coa graxa e remexemos un pouco. 
9- Acabamos batindo para que “ligara” máis fácil.
10- Aspecto cando xa está ben mesturada …
11- Enchemos os moldes coa masa.
12- Alisamos o máis que poidemos a superficie ..
13- O mesmo con outro tipo de xabrón.
14- Sandra a voltas co futuro xabrón de coco, canela e laranxa doce …
15- Enchendo máis moldes.
16- Neste intre, tan só hai que esperar para que tome dureza.
17- E a desmoldar e cortar con formas diferentes !!!
Xabrón con graxa de coco e esencia lavanda
Xabrón con aceite de oliva y esencia de lavanda
Xabrón con graxa de coco, canela y esencia de laranxa doce.
xabróns con forma de folla e dinosaurios, feitos con aceite, pequenos anacos de codia de limón seca e macela.
Xabróns moi suxerentes!!! en formas ca mesma composición que os anteriores.

Para  DESTACAR !!! …. No sei se actuará a “censura” … Pero é divertido. Botamos unas risas todos con todos ???

Ana, con moitas gañas de bater !!!
Esther moi “preocupada” por aproveitar todo ben !!
Asun tampouco quedou sen faenar …

 

 

 

 

 

 

E eiquí as profes da práctica co noso Administrador do Blog!!!

FACENDO XELATINA…

E continuamos aproveitando o “mundo das algas”; agora elaboraremos xelatinas de sabores- usando zumos- utilizando como espesante o agar-agar, producto extraído de algas vermellas, que é un aditivo alimentario (E 406).

Tranquilidade….o agar o compramos xa elaborado e os zumos fixémolos nós…; ben, debemos confesar que como queriamos de tantos sabores, algún zume -o máis natural posíbel- tivemos que comprar.

Tan só tedes que botar a cantidade precisa deste xelificante, diluílo en unha pouca cantidade de zume, e botarllo ao resto do zume cando estea quente, removedes ata que entre en ebullición, e retirades. Botades en moldes a mestura e deixádeo solidificar a temperatura ambiente.

O agar non lle da sabor, tan só o de que lle engadas de zume. Mellor non moi concentrado e ben filtrado… !sen pulpa, por favor!!.

Quentando o zume.
Hai que remexer continuamente unha vez que lle botamos o agar.
Repartindo a futura xelatina nos vasiños.
Deixámola 24 horas para que estivera no seu punto.
Pero daba gañas de probala xa!
E chegou o momento!!!. A probar (non é obrigatorio…).
Veña, ánimo!!!. Que hai xelatina de piña, limón, arándanos e máis…
Que tan saliu?.
As que máis gustaron foron a de piña e a de arándanos. Unha bágoa a de limón natural… Esquecimos o azucre!!!

“VERMELLO SOBRE VERDE”. As algas que non son verdes tamén teñen clorofila.

Sempre contan os “profes” que os vexetais son verdes e por iso fan a fotosíntese …, pero tamén sabemos que hai plantas e máis algas que amosan outras cores … Terán clorofila e poderán facer tamén a fotosíntese?

Plantexamos facer unha experiencia para comprobar se está o pigmento verde, é dicir, a clorofila, en todas as algas.

O procedemento: 1- Lavalas e cortalas en anacos. 2- Triturar co morteiro, con axuda de area (logo recuperámola), ou ben pasándoo pola batidora. Engadimos un pouco de alcohol para axudar no proceso. 3- O extracto filtrado é botado nun tubo de ensaio  e engadimos un disolvente para separar os pigmentos. 4- Na parte superior atopariamos as clorofilas e por baixo os pigmentos amarelas (xantofilas)  mesturados cos de cor laranxa (carotenoides).

A ficoeritrina responsable da cor vermella, é de complicada extracción e “pasamos dela”. Xa sabiamos que estaba presente pola cor amosada polas algas vermellas. 

A conclusión á que chegamaos é que sempre está aí a clorofila, “baixo” outros pigmentos. Ter outros pigmentos permite as algas aproveitar a luz solar a maiores profundidades como é o caso das algas vermellas.

Troceando algas vermellas
Cortando en anacos algas pardas.
Trituramos con movimiento rotatorio.
Axudámonos de área para o macerado.
Tamén “colaborou” a batidora ….
Obtivemos un extracto.
Filtrámolo coa axuda de funil revestido de papel de filtro.
Axudamos a que o filtrado vaia un pouco máis rápido.
Botámolo nun tubo de ensaio.
Clorofila a, máis escura, na superficie. Baixo ela, a clorofila b.
Clorofila e na banda baixa, carotenos e xantofilas; nas algas vermellas.
Clorofilas e carotenoides de alga parda.

15 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia

Para festexar esta efeméride, os alumn@s de Cultura Científica de 1º bacharelato, fixeron un panel que vai quedar de xeito permanente exposto no Centro.

En cada foto vai  posto o nome de cada muller que destacou nalgunha disciplina/s de Ciencias. E como marco da composición de fotos, unhas frases repetidas que intentan ser un gran de area na defensa da figura feminina neste ámbito. Algunhas destas frases foron creadas por estos alumn@s.

 Homenaxe ás mulleres científicas AO LONGO DA HISTORIA

“Son  todas  as  que  están  pero  non  todas as que son”
Das 108 mulleres adicadas á Ciencias cuxa foto recolle o panel, a tan só 18 delas concedéronlle o Premio Novel.
Algúns dos alumn@s que traballaron nesta homenaxe.
Visitando o panel….

Esta foi a frase elexida por Carolina, Natalia, Carla, Angel, Jazmín, Lara, Rosana, Sara, Laura, Alba, Alberto e Sergio para poñer fin a esta entrada :

” O home é da Terra, a muller é da Terra. Convive con ilo”. ( George Carling)