CUN POUCO DE ATRASO

Hai uns meses, en novembro, un grupo de alumnas e alumnos de 4º A – B  de Bioloxía, decidimos que sería moi interesante participar no Club de Ciencia e, así comezamos…

Empezamos coa búsqueda de información:

  • Talleres UDCiencia da Universidade da Coruña
  • Talleres Fundación para el conocimiento madri+d

Que podiamos facer? Pois, como na clase de Bioloxía fixeramos un experimento sobre a osmose, con follas de leituga, e quedaramos con gana de ver unha entrada máis directa de auga, realizámolo con outros “ingredientes”.

“UNHA PATACA MOI GOLOSA”. A OSMOSE NUNHA PATACA CON AZUCRE

  • Cortamos patacas, fixemos buratos, botamos azucre,…
  • Colocámolas en dous recipientes, un con auga e outro sen auga.
  • E, observamos:
Aos 5 minutos
Aos 20 minutos
Ao día seguinte

Pois si que había auga dentro das patacas!!!

Confirmado, as moléculas de auga móvense a través da membrana semipermeable desde a disolución menos concentrada cara a máis concentrada.

“UNHA PASTA DE DENTES MOI NATURAL”

Seguimos con ingredientes naturais:

  • Infusión de tomillo e salvia
  • Arxila branca
  • Aceite de coco
  • Aceite esencial de menta
  • Esencia de anís.


Nun recipiente botamos dúas cucharadas da infusión, 3 cucharadas de arxila branca, 2,5 de aceite de coco, 3 gotas de aceite de menta e 3 gotas de esencia de anís. Cunha espátula fina removemos todo.

E, aquí está o resultado.

A nosa opinión:

  • Notamos unha consistencia un pouco arxilosa, temos que botar máis aceite de coco.
  • A cor grisácea pareceunos pouco apetecible (  podemos engadir colorante vexetal)
  • Non facía espuma, isto para gustos.
  • Todos estivemos dacordo en que era moi, moi  fresquiña, e por suposto  moi natural, sen produtos químicos e con moitas propiedades : a salvia e o tomillo aportan propiedades antiinflamatorias, astrinxentes, antisépticas ; a menta calma os dolores dentais, a arxila branca contén oligoelementos moi saudables para os nosos dentes…

Tedes que probala!!!

”UNHA MITOSE AO GRANDE”

Cambiamos de tema. Propuxémonos representar unha mitose.

Necesitabamos: en primeiro lugar, cromosomas.

Cariotipo de plastilina
Tamén: cordas, papeleiras, colchonetas e libros de Bioloxía

E, aquí está  A MITOSE:

PROFASE
METAFASE
ANAFASE
TELOFASE

“EMPARELLANDO CROMOSOMAS”

Seguimos a voltas cos cromosomas… Como o día 25 de Abril se celebra o Día Mundial do ADN, quixemos render a nosa pequena homenaxe a esta grande molécula.

Preparamos un xogo sobre o cariotipo humano con tres  niveis de dificultade.

Buscamos cromosomas, recortamos…
PRIMEIRO NIVEL. Moi fácil
SEGUNDO NIVEL. Fácil
TERCEIRO NIVEL. Este levounos un pouco máis de tempo.

Agora a comprobar se está correcto!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *