Estudando os volcáns

Desde o Club de Ciencia do IES Afonso X O Sabio tamén queremos tratar o tema de actualidade 🌋🌋🌋

Curiosidades de volcáns

Empezamos cun repaso sobre conceptos e datos curiosos de volcáns (reto volcáns).
Atrévete, a ver cantas acertas!!!

O ascenso magmático

Para poder aprender como se forman os volcáns , necesitamos saber como se produce o ascenso magmático. Para iso fixemos a seguinte práctica baseada en “Erupciones en el laboratorio. Modelos analógicos de peligros volcánicos. Laia Ramon – Sala y David Brusi”.

Contidos: ascenso de magma, diferente densidade, arrefriamento dentro de gretas.

Obxectivos: coñecer a densidade dos distintos materiais da práctica e relacionalos coa realidade. Identificar as distintas partes do volcán e as rocas que se poden xerar. Comprender que o magma ascende por diferencias de densidade na litosfera.

Coñecementos previos: concepto de densidade e estrutura interna dun volcán.

Material:

  • Placa calefactora
  • Vaso de precipitados de 1L resistente á calor
  • 2 velas de cera vermella
  • 150 cm3 de area fina
  • Culler
  • Cúter
  • 1L de auga fría

Desenvolvemento da práctica:

Cortamos as velas en anacos pequenos e os colocamos no fondo do vaso.

Quentamos o recipiente ata que a cera quede fundida no seu fondo.

Deixamos arrefriar ata que retorne á temperatura ambiente e solidifique.

Cubrimos a cera cunha capa de area fina

Enchemos lentamente o recipiente con auga fría, empregando unha culler para que a auga non vaia directamente ao fondo

Fundimos a cera lentamente

Observamos como a cera comeza a ascender ata chegar á superficie da auga formando un pequeno “volcán” coa colada de lava.

Conclusións: obsérvase como a cámara magmática funde e ascende atravesando as zonas que ofrecen unha menor resistencia. Comprobando que ascende por diferencias de densidade na litosfera simulada.

Causa gran expectación no alumnado ver as correntes de convección e o ascenso da lava á superficie.

I concurso de infografías do Club de Ciencias

Co gallo da celebración do 150 aniversario da táboa periódica e do 80 aniversario da fundación do CSIC o Club de Ciencias do IES Afonso X O Sabio comezou a desenvolver un proxecto de elaboración dunha táboa periódica de científicos españois.

Co obxectivo de por en valor a ciencia en España, dende o Club de Ciencias do instituto queremos conmemorar cada ano o aniversario dalgún dos científicos que aparecen na devandita táboa.

Este ano conmemoraremos o 250 aniversario do nacemento de Isabel Zendal e o 200 aniversario do falecemento de Félix de Azara.

Anímaste a participar? Para poder facelo deberás ter en conta as seguintes BASES

Cartel

DETERMINACIÓN DE GRUPOS SANGUÍNEOS

Interesante práctica, empregando sangue artificial e soros.

Identificamos os grupos sanguíneos e o Rh de catro persoas.

Colocamos nos portaobxectos as gotas de soro antiA, soro antiB e soro antiRh. Despois engadimos as gotas do sangue artificial problema.

E logo remexer e observar si se producía aglutinación…

Botando os sueros
Mesturando soro e sangue

 

 

 

 

 

EXTRACCIÓN DO ADN DE AMORODOS, CHÍCHAROS E TOMATE

Co motivo da efeméride do Día do ADN, tivemos unha sesión moi intensa no laboratorio… intentando facer axustes nos protocolos para saber cal era o máis axeitado para aplicar na demostración que iamos levar a cabo no vestíbulo na “Xornada do ADN”.

Traballamos con amorodos, chícharos e tomate. E o máis “resultón” foi o de amorodos.

A voltas cos chícharos
Preparando o batido de tomate

 

 

 

 

Filtrado de amorodos
Engadindo alcol

 

 

 

 

 

Vaise separando o ADN
Recollémolo con moito coidado

 

 

 

 

 

 

Un primeiro plano…
E outro..

 

 

 

 

 

 

E chegou o día…, a xornada do ADN!!. No vestíbulo dispuxemos todo o necesario para a demostración, levada a cabo polo alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A destacar a profesionalidade amosada polo alumnado nas experiencias desta xornada do ADN. Parabéns!!!

 

 

 

 

 

 

 

PREPARACIÓN DE XEL DESINFECTANTE de Aloe vera

Desde hai 4000 anos, a Humanidade utilizou as cualidades terapéuticas desta planta. Actualmente é utilizada en dietética, cosmética e farmacia.
Antiséptico natural que alivia queimaduras solares, picaduras de insectos e laceraciones na pel, axuda a restaurar o pH natural da pel e estimula a rexeneración celular.
Ingredientes: 70 ml de alcol de farmacia, 30 ml de auga de rosas, 10 culleradas de xel de Aloe beira. Opcional: unhas pingas de aceite esencial de lavanda, que achega máis propiedades antibacterianas e combina ben o cheiro coa auga de rosas; esta achegará hidratación á pel, frescura e bo cheiro.
Preparación:
– Eliminar as espiñas das follas de Aloe, separar a epiderme superior e sacar o parénquima empregando unha culler.
– Á pulpa ou parénquima  se tritura ata obter un líquido viscoso sen grumos e con escuma.
– Mesturar o xel de Aloe coa auga de rosas, ata alcanzar unha textura homoxénea.
– Engadir o alcol e seguir removendo.
– Neste punto verter as pingas de lavanda.
– Encher o recipiente elixido para gardar o xel.
Consellos:
– As follas de Aloe deixarémolas a remollo 24 horas –renovando a auga cada 4 horas- para eliminar a aloína porque aínda que o uso é tópico podería causar algunha irritación.
– Mellor gardar en neveira; durante polo menos 7 días debería manter a cor e aroma.
separando o parénquima da folla
o parénquima ten ascon aspecto de xelatina

 

 

 

 

 

cortamos o parénquima en anacos
batemos os anacos

 

 

 

 

 

medimos o alcol para engadir ao xel
toca coller al culleradas e aromatizalas coa esencia
todos levamos unha mostra…

 

 

 

 

 

 

 

E COMA COMPLEMENTO DA EXPERIENCIA, A OBSERVACIÓN DE CLOROPLASTOS E ESTOMAS !!!

Apreciamos distinto grao de apertura nos estomas, coas células oclusivas con forma de faba.

E os cloroplastos coma lentelliñas dispersas nas células.

Os estomas sitúanse na epiderme, e no tecido subxacente -parénquima clorofílico- as células con cloroplastos.

Moi prolífica a experiencia!

PASTA DE DENTES MOI NATURAL…. para hixiene dental e bucal

Finalmente optamos pola preparación a base de coco e menta.

Ingredientes:

  • 2 culleradas de aceite de coco
  • ¼ cucharadita de bicarbonato de sodio alimentario
  • 2 culleradas de arxila branca.
  • 3 gotas de aceite esencial de menta
  • Un chisco de sal mariño
  • 2 culleradas de infusión de herbas aromáticas (tomiño/salvia)

PROCEDEMENTO

Mesturamos nun recipiente infusión, aceite de coco e arxila. Removemos e engadimos bicarbonato e finalmente o aceite esencial gota a gota ata encontrar o punto xusto de acordo ao propio gusto. Con unha espátula removemos todo. Non foi necesario axustar o sabor salgado/doce con edulcorante.

A PASTA  DEBE SER CONSERVADA NO FRIGORÍFICO

Preparando a infusión
Botando a infusión na arxila

 

 

 

 

 

 

 

 

Engadindo o aceite de coco
Concienzudamente removendo…

 

 

 

 

 

Traballando

 

 

Ainda precisa máis arxila…

 

 

 

xa con consistencia

 

 

 

 

PROPIEDADES DOS INGREDIENTES

Aceite de coco Antibacteriano; prevén a carie e mata as bacterias que  producen mal alento.
Arxila pulidor natural rico en minerais. Reduce o pH ácido da boca
Bicarbonato sódico axuda a neutralizar a acidez do que comemos e regular o pH da boca de forma natural.
Aceite esencial de menta axudan a combatir a placa e a xinxivite
Salvia Refresca o alento; ten propiedades antisépticas e  antiinflamatorias, alivia as molestias das encías.
Tomiño Antibacteriano, antiinflamatorio, analxésico
Sal mariño usada para inflamacións bucais e de gorxa.

 

Modelos atómicos

O alumnado de 3ºESO realizou unha exposición representando os diferentes modelos atómicos (desde Dalton, Thomson, Rutherford, Bohr ata o modelo Mecanocuántico actual) e a evolución da clasificación dos elementos ao longo da historia.

Pódense ver maquetas feitas con obxectos cotidianos facendo un bo uso da imaxinación para reproducir a idea de conceptos un tanto abstractos e acercalos ao público en xeral.

Ademais, atrévete a realizar o seguinte desafío!

 

 

Día da nena e a muller na ciencia

Dende o IES Afonso X O Sabio tamén aportamos o noso gran de area á celebración do Día da nena e a muller na ciencia.
Fixemos unha homenaxe a científicas do pasado como Hipatia, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin, Hedy Lamarr…, outras non tan coñecidas do presente, e confiamos que o mellor aínda esté por chegar coas científicas do futuro. Empregamos o cómic “Científicas: pasado, presente e futuro (http://institucional.us.es/cientificas/comic/)”

Experimentando co iodo

O martes día 2 de febreiro fixemos unha práctica de extracción de iodo e queremos compartir con vos as conclusións obtidas.

Puidemos apreciar como o iodo disólvese moito mellor nun disolvente orgánico, como o tetracloruro de carbono, que na auga. Observamos a súa cor característica e familiarizámonos coa técnica de extracción.

Táboa periódica e ciencia en España

No ano 2019 cumpríanse dous aniversarios relevantes para a ciencia: un deles a nivel internacional (o 150 aniversario da táboa periódica de Mendeleiev) e outro a nivel nacional (o 80 aniversario da fundación do CSIC).

Neste contexto, e dentro das actividades do club de ciencias do centro, xurdiu a idea de poñer en marcha un proxecto que unise estas dúas datas relevantes, como unha maneira de poñer en valor a ciencia española a través dunha especie de xogo no que se unisen destacados científicos españois de todos os tempos e os nomes dos elementos da táboa periódica.

Aínda que o proxecto quedou un pouco truncado polo confinamento derivado da aparición do COVID, dende o comezo deste curso pode observarse a táboa resultante na parede do laboratorio de química do IES.

Taboa

Este curso 2020-2021, tendo en conta as condicións nas que se poidan desenvolver as actividades do club de ciencia, quérese continuar dalgunha maneira desenvolvendo o proxecto orixinal.

Así, no ano 2021 cúmprense dous aniversarios de dous dos científicos recolleitos na táboa: por unha banda, hai 250 anos, nacía a enfermeira galega Isabel Zendal Gómez, que participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina (primeira gran campaña de vacinación a nivel mundial), organizada para levar a vacina da varíola aos entón territorios españois de ultramar, e considerada pola OMS como a primeira enfermeira da historia en misión internacional; e por outro, hai 200 anos, morría o militar, enxeñeiro, xeógrafo e naturalista español Félix de Azara, cuxa importante contribución á teoría da evolución das especies vese reflectida nas numerosas veces en que é citado por Darwin nas súas obras, mesmo en “A orixe das especies”, a súa obra máis importante.